Encontro Irmandiño abandona o BNG

Encontro Irmandiño abandona o BNG

12 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Uns 500 asistentes á asemblea do Encontro Irmandiño celebrada no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela, decidiron esta tarde "por aclamación" abandonar a militancia no Bloque Nacionalista Galego. Fanno para impulsar a criación dunha nova formación nacionalista "e de esquerdas, pero contando coa participación igualitaria doutras sensibilidades". Os irmandiños pretenden manter a unidade de actuación dos grupos municipais naciona

O Encontro Irmandiño na súa criación no ano 2006 defendía "a necesidade dunha rexeneración democrática, auténtica, profunda e efectiva do BNG, así como a súa decidida apertura á sociedade e á base simpatizante, orientada baixo os principios do asemblearismo, fraternidade, auténtico respecto á pluralidade interna e maior democracia participativa.

Na Asemblea desta tarde, interviron a favor da fundación dunha nova forza, os ex-concelleiros de A Coruña Henrique Tello e de Vigo Xabier Toba. Tamén estivo presente a ex-deputada Teresa Táboas. Ao acto de clausura asistiron os representantes de Máis Galiza, Carlos Aymerich e Xoan Báscuas, que foron recibidos cunha gran ovación.

 

Sociedade