ENDESA abrirá a súa Central Térmica de As Pontes para que o público poida coñecer a instalación

ENDESA abrirá a súa Central Térmica de As Pontes para que o público poida coñecer a instalación

01 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A Central Térmica de As Pontes realizará unha xornada de portas abertas o vindeiro sábado 23 de maio. A intención de Endesa, en palabras do seu director de Unidade de Produción Térmica, Luis Fernández Sabugal, é que “o noso contorno social coñeza de preto as instalacións, o traballo que realizamos nelas e a aportación da nosa actividade ao desenvolvemento da zona”.

Esta é a primeira vez que a central pontesa se abre ao público en xeral, aínda que non ao persoal alleo á compañía eléctrica. O edificio recibe cada curso a varios milleiros de estudantes de distintos niveis a través do programa Endesa Educa, ademais de a certos colectivos profesionais.

Para poder participar na xornada de portas abertas, o público haberá de inscribirse a través dos teléfonos 981 575 244 e 981 575 249, ou ben por medio do correo electrónico cfocurso1@endesa.es. A visita consistirá nun recorrido de aproximadamente noventa minutos, que se realizará en grupos que serán guiados por directivos de Endesa nas Pontes.

Sociedade