Enerxía e ilusión

Enerxía e ilusión
24 de Outubro, 2022 - 10:52 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío afronta a semana de adestramentos con enerxía e ilusión. Nin xogadores nin técnico vense afectados pola derrota sufrida no campo dos Pinares diante do Rosalía de Vilaboa. "Na primeira parte o equipo visitante non rematou a porta, nós adiantámonos no marcador, pero tivemos erros que nos impediron rematar o encontro. Nun fallo na metade da segunda parte, empataron e nos últimos minutos de xogo lograron o 1-2, un resultado moi negativo" indica o míster do Perlío Gonzalo Beceiro. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía Xan Xe

Segunda Galicia de fútbol. Perlío 1 - 2 Rosalía de Vilaboa. 

Na imaxe Alejandro Braojos "Pocho", autor do gol do Perlío.

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora