A enerxia da Tuna Rastafari chega ao Porriño

A enerxia da Tuna Rastafari chega ao Porriño

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Combinan a boa música con letras imaxinativas. Utilizan a rumba, o reggae e o tango como incitación ao baile. Interpretan a canción popular galega e o corrido mexicano. Chámanse A Tuna Rastafari e o venres tocan no Porriño.

A Tuna Rastafari, grupo de oito mozos que descargan toda a súa enerxía enriba do escenario, tomando como bandeira o espectáculo e a festa rachada. Aire fresco e descarado dentro do espectro musical galego. Son sinónimo de festa, alegría e boa música que invita a participar ao público en tódolos seus concertos. Da canción popular galega ao corrido mexicano pasando polo tango, o reggae e a rumba, todo vale para este grupo con tal de facer pasalo ben.

 

O seu repertorio de imaxinativas letras e música fan bailar e desfrutar, isto fai que na actualidade sexan un dos grupos máis requeridos para festivais e concertos en salas, destacando a súa participación no Festival Cultura Quente, no Festivalinho, no Festival de Alberite (La Rioja), no Senuncan de Carballiño, no festival de Ponte Louco (Castrocaldelas-Ourense) i enchendo salas como o Aturuxo de Bueu, o Pub Ache, La Fabrica de Chocolate de Vigo....

 

Este ano foron elexidos entre os programadores de salas galegas para participar no Mercat de Musicas Vivas de Vic, ademáis de ser unha das bandas que entraron no Programa Música ao Vivo do IGAEM e no Artistas en Ruta. Grupo considerado pola Radio Galega como grupo revelación da escena musical da Galiza. Actuarán no Club Liceum do Porriño o venres 15 as 23 horas.  Os prezos 6 euros normal, 5 anticipada e 3 para socios.

Cultura