Engancharse á lectura a través do contacontos

Engancharse á lectura a través do contacontos

13 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Fomentar a lectura entre os nenos e nenas da cidade adentrándoos na literatura infantil para que adquiran esta costume desde a infancia. Con este obxectivo comeza mañá mércores o programa de contacontos "A hora do conto", na Biblioteca Municipal da Praza de España de Ferrol. Amais Búscase o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación dos participantes nunha actividade na que se conxuga o compoñente lúdico e educativo.

O programa celebrarase todos os venres na Sala infantil da biblioteca en horario de seis da tarde a sete menos dez ata o 30 de decembro. Impartirase polos narradores Marisa Irimia, Fátima Fernández ou Pablo Sánchez, Pablísimo. Diríxese especialmente a nenos e nenas entre os catro e os dez anos. A actividade é gratuíta, se ben se necesita invitación que se pode retirar no mostrador da planta baixa da Biblioteca.

"Contos para a igualdade", "Animación á lectura", "Xogando cos contos e os debuxos", "Obradoiro de Kamishibai", "Xogos dos misterios das cinco portas", "Un soño de contos" ou "Os contos de Pablisimo" son as temáticas das trece sesións programadas dende o 7 de outubro ao 30 de decembro.

Cultura