As enormes posibilidades do coiro

As enormes posibilidades do coiro
20 de Setembro, 2021 - 01:29 h. | Publicada por Radio Fene

Marroquinería é a fabricación de artigos de coiro. A alabardería é a confección de aparellos para bestas de carga, as albardas.  A corioplastia é a técnica de decoración do coiro. Todo xira en torno ao coiro. O artesán Ruben de Romariz impartirá un curso de coiro na sociedade O Pote de Maniños. Está aberto o prazo de inscrición dunha actividade que se desenvolverá os venres entre as 5,30 e as 8,30 da tarde. O venres un de outubro celebrarase unha reunión explicativa do obradoiro

ESCOITA O PODCAST:

Ten moitas calidades que o fan único. O coiro é impermeable á auga, extremadamente sólido pero moi flexible. Ten prestancia, é dicir, un anaco de coiro, ,deixado un certo tempo na posición e forma na que foi estirado, conserva a conformación que se lle dou. O coiro é moi versátil e se pode facer unha gran variedade de obxectos. Ensinaranse as técnicas decorativas e construtivas de accesorios de coiro, segundo o artesán Ruben de Romariz. No obradoiro do coiro de Maniños ensinarase a elaborar fundas para instrumentos, mochilas e bolsos, Empezarase polas cousas máis sinxelas: bixutería, moedeiros, chaveiros. Non hai na natureza outra materia prima coas súas posibilidades construtivas e decorativas. Serviunos de abrigo, recipiente, medio de transporte, etcétera. O coiro leva coa especie humana desde o principio dos tempos. Na actualidade hai curtidoiros na zona de Coristanco, Carballo e Arzúa. Pero en Maniños funcionou desde 1777 a primeira fábrica de curtidos da comarca de Ferrol. Houbo tamén instalacións similares, na ribeira de Maniños, na de Barallobre, e no Casal de Sandulfe nesta parroquia. Ademais a parroquia de Limodre, ata o século XVII chamouse Santa Olaia de Coiro. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora