Enredando contos

Enredando contos
03 de Xuño, 2021 - 01:16 h. | Publicada por Radio Fene

Mugardos fai teatro, vinde! Ese é o lema da mostra de teatro que este sábado comeza no Casino Mugardés. O grupo do Seixo Teruca Bouza abrirá o telón coa obra Amén, dirixida por Javier Santos, O 12 de xuño actuará Opai Teatro de Canido, con Amor a Moreas, dirixida por Cris Mariño. Clausurará a Mostra o grupo de teatro do obradoiro de avellentamento activo de Mugardos, dirixido tamén por Cris Mariño. Poñerá en escena “Enredando contos”.
O 19 de xuño actua o grupo da Tenencia de Redes, coa obra Retratos Vellos, dirixida por Eugenia Sanmartin. 

ESCOITA O PODCAST:
Ensaio do grupo de teatro A Tenencia de Caamouco en Redes

Tres comedias da literatura dramática galega en verso integran o espectáculo. Entre éllas “Camiño da Feira” escrita en 1985 por Pérez Parallé. Na obra hai unha mensaxe de reivindicación dunha identidade, segundo a directora Eugenia Sanmartin.
Quérese recrear a época na que discorre a trama pero sen esixencias de reconstrución histórica. Cesar Yañez colaborou na carpintería e Loli Fernández na pintura.  Úsase unha escenografía e vestiario moi colorido en contraste co negro. O grupo da Tenencia de Caamouco demostrou esforzo e dedicación, mesmo con sesións de ensaio telemáticos nos momentos máis complicados da pandemia. Estrearán a nova obra o sábado 19 de xuño. Todos os espectáculos no Casino Mugardés ás sete da tarde. O grupo Teruca Bouza do Seixo abre o telón este sábado. 
 

Cultura

Publica o teu comentario agora