Enriquecer a ecuación europea

A radio local enriquece a ecuación europea
21 de Novembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

"Temos que enriquecer a ecuación europea" manifestou Marco Dipuma de Radio Popolare de Milano (Italia) no marco dos encontros "Retos globales, impacto local" organizados polas Emisoras Municipales de Andalucía en Sevilla a pasada semana. As persoas participantes coincidiron en reivindicar a "Europa da igualdade" e poñer en valor a diversidade. Asistiron representantes de redes de radios de Eslovenia, Italia, Irlanda, Hungría, Galicia e Catalunya.

Radios locais de Europa

Facerse eco de problemas sociais, do clima e do coidado do medio ambiente, o fomento da cultura e do emprego e participación aberta na propiedade dos medios, son denominadores comúns. Todos coincidiron na necesidade de impulsar alianzas estratéxicas europeas desde a comunicación local. Tamén concorreron Radiofusión (Emisoras Municipais Galegas) RTV Cardedeu (La Xarxa) e a Rede Estatal de Medios Comunitarios, ademais de EMA-RTV, entidade organizadora.

(Na imaxe, Henrique Sanfiz, de Radiofusión, Ákos Cserháti de Civil Radio (Hungría) Marco Dipuma de Radio Popolare de Milano (Italia), Valentina Rajakovic de Radio Student (Eslovenia) e Dorothee Meyer de Near FM (Irlanda))

Cultura

Publica o teu comentario agora