Ensinar ás mulleres a azulexar unha parede e desatascar unha canalización

Ensinar ás mulleres a azulexar unha parede e desatascar unha canalización

16 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Azulexar unha parede, desatascar unha canalización ou facer un empalme eléctrico deixarán de ser un problema para as alumnas que participen no curso de reparacións básicas que organiza a concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Redondela.Un obradoiro dirixido exclusivamente a mulleres que comezará no vindeiro mes de abril. En total serán 14 horas que se desenvolverán na Casa da Cultura os luns e mércores en horario de 19:00 a

As interesadas en participar poden inscribirse xa no teléfono 986 40 80 43 ou ben nas oficinas da concellería na Rúa Isidoro Queimaliños.Este curso, completamente gratuíto, está incluído dentro do programa “compartindo o tempo” a través do cal se persegue favorecer un reparto máis igualitario das tarefas domésticas. A pasada semana comezaba xa o curso de cociña e pasar o ferro para os homes, onde o elevado número de alumnos imposibilitou que todos os inscritos puidesen participar.

Sociedade