Ensino e prevención de incendios

Ensino e prevención de incendios
25 de Xuño, 2026 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

Deficiencias no IES de Fene e prevención de incendios forestais son algúns dos temas dos que falou no espazo As Foxas María Ares, a voceira do PSOE no Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

“Visitamos o instituto co deputado Aitor Bouza e puidemos ver as deficiencias que ten, presenta unhas deficiencias moi graves que a Xunta debera remediar canto antes”, reclamou María Ares. Destacou tamén de que o PSOE pediulle ao Goberno local que no futuro redacte doutra maneira o bando de biomasa, no que cada ano se lembra á veciñanza a obriga legal de limpar de maleza as franxas próximas a lugares habitados. “Prevese un verán seco que pode ser complicado para os incendios forestais”, apunta a voceira do grupo municipal socialista.

Institucional

Publica o teu comentario agora