Enterro da sardiña en Ultramar

Enterro da sardiña en Ultramar
07 de Marzo, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Entroido de Ferrol continúa esta tarde no barrio de Ultramar. A primeira cita, que terá lugar na rúa Perú, de 17.00 a 19.00 horas, será outra festa infantil temática, nesta ocasión centrada no bosque. No encontro haberá animación musical con Cantabaila, un obradoiro de maquillaxe e unha fada, que realizará un percorrido pola zona  facendo globoflexia. Repartiranse lambetadas.

Fotografia Xan Xe

Ás 20.15 está previsto que comece o pasarrúas por Ultramar, ao que seguirán as actuacións do festival de comparsas. Para rematar, arredor das 23.00 horas, a praza de Ultramar vestirá de loito polo Enterro da Sardiña, que tradicionalmente serve de acto de despedida do Entroido local. 

 

Imaxe Entroido de Fene 2025

Fotografía Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora