A entidade máis numerosa

A entidade máis numerosa
26 de Setembro, 2022 - 08:26 h. | Publicada por Radio Fene

Cento vinteduas mulleres de Fene participaron onte domingo na Carreira da Muller da Coruña. Mari Carmen Bustabad recibiu unha homenaxe por ser a participante máis veterana. A asociación Por máis vida foi a máis numerosa entre as que concurriron ao evento. Dous autobuses desprazaron as mulleres á cidade herculina contando coa colaboración do Concello de Fene. 

Asociación Por máis vida. Carreira da Muller da Coruña

Máis de 5.000 mulleres participaron este domingo 26 de setembro na Carreira da Muller da Coruña. Percorreron seis quilómetros desde a saida ata a meta nas proximidades do estadio de Riazor. A proba rematou cun festival de fitness e aerobic.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora