Entran de madrugada na Casa do Concello de Santa Comba

Entran de madrugada na Casa do Concello de Santa Comba

24 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Persoas descoñecidas entraron esta madrugada na Casa do Concello e no Xulgado de Santa Comba. Para penetrar na Casa Consistorial forzaron a súa porta principal, mentras que ás dependencias xudiciais (no baixo do mesmo edificio) entraron por unha ventá. Provocaron moitos destrozos.

Os funcionarios municipais decatáronse do suceso ás 8 desta mañá cando ian iniciar a súa xornada laboral. Deron aviso á Garda Civil e á Policia xudicial que precintaron o edificio, á espera da chegada de axentes especializados en pegadas dixitais, do cuartel de Noia.

 

O persoal do Concello indicou que as oficinas se atopaban todas revoltas cos caixóns e os papeis polo chán. Nunha primeira impresión, semella que faltaba das dependencias municipais, a recaudación dos postos da feira e máis 1 katana que fora requisada semanas atras pola policia local. 

Sociedade