ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pedras de características e cores diferentes conviven na igrexa de San Antoniño de Toques. (Santantoíño, para Xosé Manuel Broz) A pedra local de cór ocre, tarroeira, mistúrase cos sillares de granito, o neis escuro e a lousa. Segundo explica Broz, no seu volume Santantoíño de Toques, parte da edificación corresponde á capela primitiva, que existiu antes desta, posiblemente nun lugar da montaña. Explicaríase así
A ábsida rectangular, decórase cos significativos e senlleiros arcos lombardos -series de arcos cegos- , de tanta raigame no románico dos Pirineos, pero exemplar único no patrimonio galego. Os canzorros e as impostas de follas decoran o aleiro da ábsida, compoñendo unha das características fundamentais da arte de Sanantoíño. Son pezas de granito moi ben labradas a bisel. Os capiteis das columnas do arco triunfal presentan unha excelente execución. Un deseño representa á esvástica, motivo que aparece noutras igrexas visigóticas, ainda que tamén empregouse no castrexo, asturiano e mozárabe. O outro capitel representa estrelas inscritas en círculos, que van evolucionando ata converterse en estrelas de seis puntas en relevo. Á dereita do arco triunfal hai un sillar cun relevo que representa un home cunha lanza que fire un cuadrúpede, que abre as fauces e amosa a lingua en sinal de dor. As paredes da Igrexa están cheas de pintura mural do século XVI, de factura moi similar ás de Vilar de Donas. Ademais no interior consérvase un calvario, obra de imaxinería tardorrománica, peza escultórica moi importante e única no patrimonio galego. Dátase arredor de 1170.
Segundo Socorro Ortega, en San Antoniño de Toques -como en San Martiño de Mondoñedo e San Xoan de Vilanova- poden detectarse sínteses entre elementos prerrománicos e románicos. O castreño, a tradición visigoda, raíces mozárabes e un románito primitivo conxúganse para dar forma a esta igrexa da segunda metade do século XI da Terra de Melide. En 1075 iniciase a construción da catedral de Santiago de Compostela. Representará un esforzo de primeira liña levado a cabo co ánimo de prestixiar a tumba de Santiago. Bibliografía: ORTEGA, Socorro e outros. Historia del Arte Gallego. Ed. Alhambra. Madrid, 1982. BROZ REI, Xosé Manuel. Santantoíño de Toques. Ed. do autor. 2011