Entre un libro de memorias e un de educación sexual

Entre un libro de memorias e un de educación sexual
24 de Novembro, 2019 - 12:02 h. | Publicada por Radio Culleredo

A medias memoria e a medias libro de educación sexual. Delicado e visceral, como o pracer que exalta: así é este libro (El Placer. Lumen 2019) o máis íntimo e persoal de María Hesse. Nel cóntanos como foi o seu camiño cara ao espertar sexual, unha senda tortuosa sementada de culpa, vergoña e descoñecemento, que sorteou grazas a unha insaciable curiosidade e ao sabio exemplo de moitas mulleres

María Hesse

Maria Hesse buceou en mulleres que souberon explorar o misterio e o poder da sensualidade, enfrontarse aos prexuízos da súa época, dar un nome ao que carecía del, e abrir e iluminar a ruta do pracer para que outras a percorresen máis lixeiras. Mulleres de carne e óso ou de ficción, como Lilith, María Magdalena, Safo, Eve Ensler, Colette, Anaïs Nin, Simone de Beauvoir, Anne Sexton, Mata Hari, Betty Dodson, Marilyn Monroe, Erika Lust e mesmo Daenerys Targaryen: grazas a elas Hesse trazou un mapa do pracer feminino para que agora o exploremos todas. María Hesse, presentará o seu libro El placer (Lumen, 2019) o luns nove de decembro na Fundación Luís Seoane da Coruña, dentro do ciclo Somos o que lemos. Iniciado en 2017, Somos o que lemos está coordinado por Javier Pintor, profesor de literatura e formador no Centro de Formación de Recursos do Profesorado do área da Coruña, ademais de coordinador e docente en diversos obradoiros de literatura e ciclos de conferencias sobre escritores contemporáneos.

Cultura

Publica o teu comentario agora