ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Museo do humor de Fene entrega mañá mércores os Premios do concurso “Mortadelo e Filemón en Fenicia” Os encargados da entrega ás 12 da mañá serán o alcalde Juventino Trigo e a concelleira de Cultura Amalia García. Ao acto están convidados os familiares dos premiados, direccións e mestres dos centros participantes e o público en xeral. O concurso "Mortadelo e Filemón en Fenicia" convoc
Os premiados son:
Lucía Pereira Bellas, alumna da escola de pintura de Dulce Anca, polo traballo “Roubo no Museo”.
Noa Ferreiro Bellas, alumna do Ceip A Fraga de As Pontes, por un traballo presentado co título “Mortadelo e Filemón no Museo do Humor”.
Jaime Ameneiros Fernández, alumno do Ceip Centieiras de Perlío co título “Exposición Ibáñez”.
Daniel Lago Luaces, alumno do CPI A Xunqueira, por “Casa da espionaxe”.
Xavier Picos Rodríguez, no nome do Centro Ocupacional Aspaneps de Fene, polo traballo titulado “Mortadelo e Filemón. Un día en Aspaneps!”.
ACCESITS a:
Irene Beatriz Díaz García, alumna do CEIP Centieiras de Fene, por “Mortadelo e Filemón, luces, cámara e acción”
Clase de 6º de Primaria do Ceip Maciñeira de Neda, polo seu traballo (colectivo) “Na procura do profesor Bacterio”.