Entroido animal

Entroido animal
22 de Febreiro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A prioridade é non sacrificar a comodidade do animal. Falamos de disfraces en Radio Animal coa veterinaria etóloga Noemí Graña, que tamén nos explicou como ensinar a saudar a un can e da necesidade de que os gatos estean identificados aínda que non saian da casa.

ESCOITA O PODCAST:

“Os accesorios como casco ou gafas, todo o que vai na cabeza soe molestarlles bastante”, indicou Noemí Graña. Advertiu da necesidade de habitualos e da posibilidade de que se un can disfrazado se atopa con outro pola rúa este teña reaccións inesperadas. 

Ladrarlle á lúa

Hai distintas técnicas para que un can aprenda a saudar, pero “ás veces os cans non aprenden porque teñen dor”. Sucedíalle cando era novo a Capi, o can de Noemí. que ten bastante tendencia á dispersión e ata os tres anos e medio padeceu dor de ósos ao medrar. “Cando empezaba a dor tiña medos estraños e ladráballe á lúa ou ás farolas”.  

Obrigatorio

Todos os gatos teñen que estar identificados. “Faise para controlar a poboación e evitar abandonos, tanto de cans como de gatos, é obrigatorio”, avisou a especialista. “Un gato pode escapar, se o tes identificado calquera que o atope vai volver á casa”. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora