ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A libraría As lendas do gato abriu as súas portas en Mugardos, na rúa Peteiro, 3 o pasado luns. Queren crear un novo espazo para lectoras, lectores e amantes das boas historias. Misturan o entusiasmo literario, o espírito emprendedor e a cultura dixital.

Laura Auz e Alvaro Muñoz, de Madrid, liaronse a manta á cabeza e viñeron vivir a Mugardos, cada un coa súa familia. Lanzaron aquí os seus proxectos de vida. O pai dela é de Mugardos e pasaba os veráns na vila xa de pequena. Nos poucos dias que levan abertos, comproban con certa sorpresa que o libro está en auxe entre a mocidade. Teñen a carteira chea de proxectos que verán a luz en 2026. Buscan un espazo acolledor, unha libraría que non sexa só un espazo de venda senón un lugar de encontro.
Na imaxe Alvaro Muñoz e Laura Auz
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora