Entusiasmo pola arte

Entusiasmo pola arte
22 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Laura Bouza ama o arte dende os cinco anos. Cada día, esta artista fenesa transmite ese amor aos ‘chiquiartistas’ que aprenden con ilusión nos dous laboratorios de creación artística cos que conta na localidade. Meu avó díxome “Laura, tes que buscar un sitio para ti”. Así naceu Laudas Calamity.

ESCOITA O PODCAST:

“Dende o 2015 que abrín o laboratorio ata hoxe mellorei e evolucionei moitísimo polos ‘chiquitartistas'. O meu grao de area vai servir para que vexan que si que pode haber unha saída laboral dentro das belas artes”, explica Laura en Radiofusión ao tempo que recalca a importancia de ensinar arte máis alá do que fai o sistema educativo convencional. “Logo de quedar no paro me puxen no taller do meu avó a facer pezas de xoiería con madeiras que tiña el. Ao final, varias tendas empezaron a mercar os meus produtos e meu avó díxome ‘Laura, tes que buscar un sitio para ti’ e así naceu o laboratorio. Ao principio, ía ser máis taller de artesanía pero empecei tamén a ofertar as clases de educación artística. Quería adicarme ao que eu estudei. Non me gusta que no sistema educativo lle chamen ‘plástica’ á materia de artes. Eu quería que alumnado coñecese a arte contemporánea, entender que as cousas están relacionadas… A través da arte se poden dar tódalas materias dunha maneira máis creativa e entretida. Por exemplo, agora estamos cos proxectos expositivos de fin de curso e estamos falando dos trastornos mentais. Estamos a traballar coa obra do Bosco e profundando e espertando continuamente a curiosidade do alumnado”.

Na imaxe, Laura Bouza nun dos seus laboratorios de creación artística.

Fotografía: Xarda.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora