Equiocio abreu sen medo á auga

Equiocio abreu sen medo á auga

31 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Equiocio abreu as súas portas ás dez desta mañá. O actor Javier Gutiérrez e grandes figuras do mundo da equitación de España e Portugal acheganse nestes dias ao recinto de Punta Arnela na Malata, un recinto cuberto, polo que os visitantes permanecerán ao abrigo das precipitacións. Este ano inscribironse moitas amazonas polo que a participación foi fantástica, segundo a membra da organización Ana Perez Lago.

O Salón do Cabalo Equiocio volve convertir a Ferrol durante esta semana nun punto de referenza fundamental para os amantes do cabalo. Dende ás 10 desta mañá ate o vindeiro domingo, o recinto feiral de Punta Arnela acolle un completo programa de actividades lúdicas e deportivas, dirixido a públicos de todas as idades. Ademais, nesta nova edición de Equiocio, o actor ferrolán Javier Gutiérrez convertese no padriño do certame (nun ano especialmente bo para o salón do cabalo, á vista do número de inscritos).

Sociedade