Equipaxe pola Igualdade

Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero
15 de Novembro, 2024 - 02:19 h. | Publicada por Radio Fene

Chegou a Fene a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero. Unha equipaxe chea de libros que pode axudar a fomentar a igualdade e a loitar contra o machismo. Recibírona o alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira de Igualdade, Sandra Permui, da man da subdelegada do Goberno, María Rivas, nun acto celebrado a primeira hora no salón de plenos da Casa do Concello no que se deron cita representantes de todos os grupos políticos da Corporación. 

ESCOITA O PODCAST:

MAVI, a Maleta Viaxeira contra a Violencia de Xénero é unha maleta morada que recala en Fene no mes no que celebramos o 25N, o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres. Durante tres meses permanecerá en Fene o material que contén esta Maleta Viaxeira. Son 14 libros, cinco títulos de lectura infanto-xuvenil e 9 libros para persoas adultas. A maleta, unha das cinco que andan pola provincia, leva feitas 14 paradas en concellos e entidades da provincia para dar a coñecer textos e autoras pola Igualdade.

A Subdelegación do Goberno informo que na provincia están rexistrados actualmente 2.617 casos activos no sistema Viogen corresponden a mulleres que contan con algún tipo de protección por parte das Forzas e Corpos de Seguridade.

Institucional

Publica o teu comentario agora