Equipos míticos na comarca

Equipos míticos na comarca
03 de Decembro, 2021 - 11:21 h. | Publicada por Radio Fene

Na Primeira Galicia de fútbol, o Perlío xoga nos Pinares co Eume Deportivo, un equipo mítico na comarca aínda que a estas alturas da Liga figura no último posto da clasificación. Domingo ás catro da tarde co colexiado Edgar Fraga. O adestrador do Perlio Chechu Piñeiro falounos do equipo de Pontedeume como un conxunto moi compensado entre veteranía e xuventude. 

Na mesma categoría, o Maniños recibe no Pote ao Val. Nas sete xornadas xogadas, o líder da categoría aínda non coñece a derrota. Enfróntanse o primeiro e o segundo clasificado. Xogase o partido o domingo ás catro e media da tarde. Árbitra Tomas Lorenzo. Os puntos cada vez son máis importantes porque falta menos para o final.Pero a clasificación está igualadisima, segundo salienta o adestrador do Maniños Pablo Mesa. 

Deportes

Publica o teu comentario agora