Erótica para o padal na poesía de Elvira Riveiro

Erótica para o padal na poesía de Elvira Riveiro

19 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Mesturando gastronomía e sensualidade Elvira Riveiro Tobío logrou convencer ao xurado do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. O seu carnia haikai converteuse no vencedor da sexta edición deste concurso que convocan o Concello de Malpica e a Asociación Cultural Caldeirón. O poemario componse de haikais xaponeses, textos moi curtos que permitiron á autora xogar cos dobres sentidos. “Gústame contar moito con poucas palabras&rdqu

O libro divídese en catro partes, que se corresponden coas distintas comidas do día. Ademais de referencias gastronómicas, Elvira Riveiro inclúe en carnia haikai chiscadelas de ollos á música, o cinema e a banda deseñada.

O xurado do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas valorou “a estrutura orixinal e ben tramada dun libro con moita entidade propia, a concreción na temática de referencia, o sorprendente uso da linguaxe e o tratamento orixinal e suxerente da sensualidade”. carnia haikai publicarase o vindeiro ano, coincidindo coa resolución da sétima edición do premio. 

Cultura