Erica Mel e Radio Fene, Abertas ao galego

Erica Mel e Radio Fene, Abertas ao galego

20 de Decembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A cooperativa Erica Mel recibiu o III Premio Abertos ao Galego no transcurso dun acto celebrado onte á tarde no Museo Provincial de Lugo. Radio Fene recibiu unha mención especial en recoñecemento aos seus trinta anos de compromiso coa lingua galega.

Tanto Xesús Asorei -de Erica Mel- como Mario Outeiro -Deputación de Lugo- insistiron no compromiso co idioma galego como unha boa maneira de posicionarse no mercado, máis alá da satisfacción producida pola conexión co entorno. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira convidou ás firmas galardoadas a continuar adiante na firmeza na defensa da lingua propia de Galicia.

 

Sociedade