Erradicar a violencia machista

O pleno de Fene aprobou por unanimidade o manifesto do 25N
06 de Novembro, 2020 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

A corporación municipal de Fene volveu reunirse de xeito telemático no pleno ordinario de novembro. En vista do empeoramento da situación sanitaria que ten aos feneses en alerta vermella e, para dar exemplo de que hai que extremar as medidas de distanciamento, suprimíronse ata nova orde os plenos presenciais.

A Corporación de Fene renova o convenio do transporte metropolitano coa Xunta de Galicia. En virtude do acordo, as persoas de ata vinte anos inclusive terán a tarifa xente nova, pola que poden viaxar nos autobuses de balde. Daselle así continuidade ás accións de promoción do transporte colectivo. O goberno autónomo explicita a súa intención de favorecer e mellorar a experiencia. Aprobouse por unanimidade na sesión plenaria de carácter ordinario celebrada telematicamente na tarde de onte.

O Concello aprobou tamén co respaldo de todos os grupos un Manifesto arredor do 25 de novembro Dia contra a violencia de xénero. No texto instase a un cambio na lei para recoller a trata de mulleres como unha forma de violencia de xénero. Tamén se propugna máis medidas de integración socio-laboral das mulleres vítimas, a dotación de recursos suficientes aos Plans de Igualdade e o reforzo da atención aos menores implicados en situacións de violencia. O manifesto conclue indicando que erradicar a violencia machista é o primeiro paso para acadar a igualdade real entre homes e mulleres.

No turno de rogos e preguntas, o Partido Popular reclamou o inicio das podas das árbores situadas en vias urbanas, unha campaña de desratización.  A concelleira Rocío Bértoa preguntou polo procedemento de adquisición do camión de recollida do lixo. Se un camión que vale 200.000 euros e compra por 47.000, vaia ganga, indicou ironicamente.

Institucional

Publica o teu comentario agora