Erros colectivos

Erros colectivos
07 de Novembro, 2022 - 01:15 h. | Publicada por Radio Fene

"Os goles do Valdoviño foron erros cómicos e groseiros nosos, fallos que non se poden cometer" manifesta Pablo Mesa, adestrador do Cultural Maniños. Na Primeira Galicia de fútbol, Valdoviño 3 -2 Maniños. "Os erros son tamén da dianteira, do adestrador e da directiva" indica Mesa, evitando culpabilizar en exclusiva á defensa. "Temos que potenciar aquelas cousas que fixemos ben nos comezos da tempada" salienta o técnico.

ESCOITA O PODCAST:

Na imaxe, Angel López, autor dun dos goles do Maniños (Fotografía Xan Xe)

Escoita ao adestrador Pablo Mesa
http://173.255.131.18/audio/071122MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

O equipo do Pote é quinto na clasificación, con dezaoito puntos.

Deportes

Publica o teu comentario agora