Erros puntuais

Erros puntuais
19 de Decembro, 2022 - 10:38 h. | Publicada por Radio Fene

"Erros puntuais fannos moito dano" reflexiona o adestrador do Barallobre Miguel Carballeira. "Non somos quen de rematar o traballo. Estivemos dúas veces por diante do marcador e non puidemos ganar" conclúe o técnico. Garecho e Pereiro puxeron en vantaxe ao equipo do Ramo pero os ferroláns déronlle a volta á tortilla. Barallobre 2 -3 Galicia de Caranza. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografía: Xan Xe

A Segunda Galicia de fútbol vivirá agora o parón do Nadal e reanudará as competicións o oito de xaneiro. O Barallobre é cuarto na clasificación con 28 puntos, once por debaixo do líder, o Cebarca. 

Deportes

Publica o teu comentario agora