A esa idade, as mulleres da miña casa eran unha especie de pantasmas que vagaban por casa.

A esa idade, as mulleres da miña casa eran unha especie de pantasmas que vagaban por casa.
03 de Decembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

"Facían e desfacían. Eran invisibles.

Irmás dun fillo único, como dixo nunha ocasión a escritora portuguesa Agostiña Bessa-Luís sobre a súa infancia. Irmás de homes fortes. Mujeres invisibles á sombra do irmán. Á sombra e ao servizo do irmán, do pai, do marido, dos mesmos fillos. E non pode ser máis certeiro e á vez máis doloroso. Porque é esta a historia do noso país e de tantos.  Mulleres que quedaban á sombra e sen voz, orbitando ao redor do astro da casa, que calaban e deixaban facer. Fieis, pacientes, boas nais, limpando tumbas, beirarrúas e fachadas, enchéndose as mans de cal e lixivia cada ano, sabedoras de remedios, cerimonias e nanas. Bruxas, mestras, irmás, falando baixiño entre elas, converténdose en acubillo e alimento, transformándose, co paso dos anos, nunha habitación máis que non se fai notar, nunha arteria inherente á casa."

ESCOITA O PODCAST:

Escoitamos, neste novo episodio de “de puño e letra”, a María Sánchez, autora de “Tierra de Mujeres”.

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/031224LETRA.mp3

Tal e como nos relata no seu libro Tierra de Mujeres, María Sánchez é filla e neta de veterinarios,a última de varias xeracións vinculadas desde hai anos á terra e aos animais.

Ela é a primeira muller da súa familia en dedicarse a un oficio desempeñado tradicionalmente por homes,e desde ese prisma, a escritora serve de altofalante ás mulleres rurais,aquelas que case sempre quedaban apartadas da educación e da súa propia independencia para traballar a terra coas mans e coidar dos seus familiares.

Esa dobre faceta, a de veterinaria e escritora, levouna a obter numerosos premios e recoñecementos polo seu labor como divulgadora do medio rural e a emprender proxectos tan interesantes como "As entrañas do texto", desde o que convida a reflexionar sobre o proceso de creación. Ou o proxecto "Almáciga", un sementeiro aberto e colectivo de palabras dos nosos medios rurais en diferentes linguas do noso territorio.

"Tierra de mujeres" é o seu primeiro ensaio e é unha mirada íntima e familiar ao mundo rural. Un texto sobre mulleres e medio rural e sobre unha realidade que nesta sociedade patriarcal ten quedado totalmente silenciada.

Cultura

Publica o teu comentario agora