Escapada polo norte

Escapada polo norte
06 de Xuño, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

Cantabria e Asturias. É o destino dunha escapada polo norte especialmente recomendable para familias con nenos e nenas que nos suxire no espazo Bulebule de Radio Fene a especialista en viaxes Rebeca García, profesional da axencia de Fene Organiza Viaxes.

ESCOITA O PODCAST:

“Osos, tigres, xirafas, linces, un espectáculo de aves rapaces que recomendo, os nenos gozan moito”. Todo isos animais podemos ver no parque natural de Cabarceno, en Cantabria, nesta escapada. “Agora que empezan as vacacións e non todos temos a sorte de facer unha viaxe longa, propoñemos esa escapada para parellas e familias. Con nenos é moi boa opción, podemos saír un venres e volver o domingo”. Pasar o día, desde primeira hora en Cabarceno. “O ideal é chegar cando abre porque hai moita cola para entrar, e saír ás seis da tarde, aínda con tempo para facer unha visita turística, se queremos, á cidade de Santander”. “O parque é diferente a todos, podes recorrelo no teu coche, temos a opción de velo en telesilla, é unha marabilla, hai moitos sitios para comer e tamén hai moitos merendeiros. Unha paraxe natural moi bonita”. “Facemos o paquete de tres noites de hotel con almorzo e visita a Cabarceno. O día de regreso temos dúas opcións, parar no Museo Xurásico, en Asturias ou visitar as Covas do Soplao, tamén en Cantabria, é un paraíso de estalactitas”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora