ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O segundo festival de podcast de Galicia, organizado polas Emisoras Municipais Galegas, será o escaparate do que se está a facer en Galicia no universo do podcast.

Esta segunda edición celebraráse o 12 e 13 de xuño de 2026 no Círculo de Perlío, en Fene.
Ademais da presentación de moitos e moi variados podcast que están a realizarse en Galicia, poderemos asistir á realización, ao vivo, de podcast ben coñecidos como “A Ferida aberta no 36” de Nuria López, ou o podcast gañador do concurso de podcast da pasada edición do Concurso do Festival, “Universo Nosso” do Colectivo Brincarmos.
O Concurso renovará, este ano, a proposta de premios como o adicado ao Mellor guión, valorando a escritura e narrativa do podcast, á Mellor produción, ao Mellor deseño sonoro, e outros moitos premios que se debullan nas bases publicadas na web festivaldepodcast.gal. Neste mesmo enderezo poderán inscribirse os podcast que opten ao concurso ata o martes 12 de maio ás 14,00 horas.
Ademais dos podcast concursantes poderemos coñecer as produción sonoras das emisoras municipais asociadas a EMUGA pero haberá lugar para a participación en obradoiros de Redes Socias e para debatir sobre temas como a Intelixencia Artificial e Sociedade da man dos profesores Oscar Rey e Fina Paulos.
Publica o teu comentario agora