ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Coincidindo co Día Internacional da Muller, os establecementos participantes no Outlet da vindeira fin de semana, adheridos á Asociación de Comercio, Hostalaría e Servizos “O Cruceiro” incorporarán a cor morada nos seus escaparates como mostra de apoio á igualdade. Así mesmo, o Concello de Fene decorará en morado as sociedades do municipio e anima ao resto de negocios a sumarse a esta iniciativa de visibilización. Convidase á veciñanza a aproveitar as oportunidades deste Outlet, apoiar o comercio local e participar nunha fin de semana de compras con descontos exclusivos.
Un total de 18 establecementos feneses participarán esta fin de semana no Outlet de Fene, unha iniciativa impulsada polo Concello para dinamizar o comercio local e fomentar as compras de proximidade. Durante os días 7, 8 e 9 de marzo, a veciñanza poderá gozar de descontos especiais en produtos de moda, calzado, complementos, deporte, xogos e moito máis.
Os comercios que se sumaron a esta nova edición do Outlet son: A Tenda Agasallos, Berline Boutique, Bualá, Calzados Locay, Cáprica Cómics y Juegos, DaMa Fene, El Baúl de Bego, Jomer, Kenia, Koralli Boutique, Lencería Loly Calvo, Lualé 114, Más Sport, Mayka Moda, Costuras Mercería e Lencería, ZSR Zapatería, Un Pedacito de Mí e Mi Pachu.
O evento desenvolverase nos seguintes horarios: venres e sábado, de 10:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 h; e domingo de 11:00 a 13:30 h.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Ángeles Coira, destacou que “o Outlet de Fene é unha ocasión perfecta para que os comercios locais dean saída ao seu stock e para que a veciñanza poida beneficiarse de importantes descontos sen saír de Fene”. Ademais, sinalou que este tipo de iniciativas “axudan a dar visibilidade ao comercio local, fortalecer a economía do municipio e fidelizar clientela”.
Imaxe: Irene de Berline Boutique no Outlet 2022.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora