Escaso movemento nas oficinas do INEM

Escaso movemento nas oficinas do INEM

20 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Na oficina do INEM da Avenida de Vigo en Ferrol levan un mes de agosto moi tranquilo. Na hora punta, ás 12 da mañán, apenas catro ou cinco persoas visitaban as instalacións. E iso, a pesar do anuncio gubernamental dos 420 € a pagar durante seis meses a aquelas persoas que esgotasen a prestación a partir do 1 de agosto. Os propios encargados da oficina amosaban o seu asombro por esta circunstancia. É verdade que durante os meses de verán aumenta o emprego

O primeiro de agosto chegaron boas novas ao coñecer os datos do emprego do mes de xullo cando as listas do INEM se reducíron en 20.794 novos empregos producidos en todo o Estado. Ten máis mérito se temos en conta que no mes de xullo do 2008 os datos seguiron a tendencia contraria, aumentando o paro en 36.492 persoas.Na provincia da Coruña rexistraronse, no mesmo mes de xullo, 2.566 desempregados menos, baixando o paro o 3% con respecto ao mes de xuño. No conxunto de Galicia representou 7.381 empregados novos. Aínda así o sector servicios é o que rexistra na provincia un maior nº de parados, 44.500, seguido da construcción con 12.600.

 

A prestación extraordinaria de 420 € durante seis meses, anunciada polo Goberno, podería sofrir modificacións tras a reunión que Zapatero manterá cos sindicatos pois avanzaron diferencias con respecto a quen son os beneficiarios da axuda.De momento son 340.000 parados os que se beneficiarán da axuda de 420 € que aprobou o gobierno. A medida ten efectos retroactivos dende o 1 de agosto e custa ás arcas públicas uns 600 millóns de euros. Se ao final o goberno rectifica, poderían sumarse á prestación uns 100.000 parados máis. Segundo os populares, en Galicia a prestación impulsada polo Goberno central só beneficiará a 7000 persoas, algo que a Conselleira de Traballo, Beatriz Mato, calificou de “pobre” , feita ás presas e falta de diálogo social.

Sociedade