ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un conxunto de entidades de Ferrol e comarca asinan unha campaña a prol da compostaxe. Dentro desa campaña, este sábado inaugurase a área comunitaria de compostaxe de Canido impulsada pola Asociación Veciñal. O acto incluirá unha escenificación e comezará ás 12,21 do mediodía. Ao remate serviranse racións de paella, dentro dunha xornada lúdico-festiva.
A área comunitaria de compostaxe quere complementar o horto urbano que funciona ao pé do centro cívico de Canido. Ana e Kelly coordinan a iniciativa que se iniciou en decembro de 2001. A horta comunitaria no barrio é todo un exemplo de economía circular e comunitaria. Agora quérese completar cunha área de compostaxe veciñal. O presidente da Asociación Veciñal de Canido Roberto Taboada e o presidente da asociación medio ambiental Os Picos do Sol Xabier Picos faláronnos da iniciativa apoiada tamén por Adega, SGHN, Betula e o colectivo de Cedeira Remo Revolución.
Publica o teu comentario agora