Escoita aos demais

Escoita aos demais
01 de Marzo, 2023 - 09:42 h. | Publicada por Radio Fene

Escoita aos demais. E a recomendación que esta mañá trasladou o psicólogo José Barcia no programa Vilanova da Fenestra de Radio Fene. Barcia falábanos do que pasa se non atendemos a alguén que nos di algo e nós estamos mirando para o teléfono móbil. "Dáse conta do escaso interese que temos no que nos quere comunicar".

ESCOITA O PODCAST:
Castelo de Santa Cruz. Oleiros

Polo menos 62 mortos ao naufragar un barco de migrantes preto das costas de Calabria (Italia). O barco ía completamente sobrecargado e acabou naufragando . Viñan desde Turquía e afundiron o pasado domingo. Arredor da morte de inmigrantes no Mediterráneo, a nosa sociedade tamén debía amosar máis empatía, máis capacidade para poñernos nos zapatos dos outros, conclúe Barcia. Trataríase de comprender os sentimentos, os motivos, as emocións de outras persoas. 

 

Na imaxe, Mariano Fernández, de Cuac FM e público no programa Onda ODS realizado no castelo de Santa Cruz en Oleiros o 15 de setembro de 2022

Sociedade

Publica o teu comentario agora