Escoitar axuda

Escoitar axuda
21 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A empatía ten efectos terapéuticos, axuda a reducir o sufrimento das persoas enfermas. “Cando o pasamos mal agradecemos ter a posibilidade de airear a nosa experiencia,  que haxa alguén que nos estea atendendo”, explica o psicólogo José Barcia. 

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

A disposición de escoitar á outra persoa permite que o profesional sanitario obteña máis información do que lle sucede á persoa enferma. Como resultado, “imos ser máis eficientes”. Algúns estudos tamén apuntan que beneficia ao profesional. “Reduciría, por exemplo, o síndrome de estar queimado”. Para traballar a empatía, é importante a escoita activa. “unha disposición persoal a estar atentos ao que outra persoa nos quere contar”.

 A empatía no coidado da saúde non é só cuestión de humanidade, tamén ten claros efectos terapeúticos. Varias investigacións demostran que os médicos máis empáticos obteñen mellores resultados en enfermidades como o cancro ou a diabete.

 

Dia do Deporte na rúa. Fene 2023.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora