ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Traducir sons a números é posible. E pode ter aplicacións para coñecer o fondo do mar e prever como pode evolucionar. Niso andan un grupo multidisciplinar de investigadores que escoitan o océano. Empregan unha técnica hidroacústica para monitorizar o fondo do mar en Galicia. Para tomar decisións de futuro, explicou Iago Varela no espazo de Radio Fene Cultura Tecno.
“Non so analizan o estado actual, tamén buscan predicir a súa evolución, a presenza de algas ou espesor de areas que se poden producir”, o que permitirá tomar decisións para a xestión dos recursos e da actividade costeira, informou Iago Varela. É un estudo no que que participa un equipo de investigadores galegos. Traballan na caracterización do fondo mariño do litoral galego usando unha ecosonda que rexistra sinais acústicas. Traducen os sons procedentes do fondo do mar en datos numéricos, o que aporta información relevante, como a presenza de algas ou a concentración de bivalvos, datos e interese para a toma de decisións relativas á xestión de actividades na costa. Din que “escoitar o océano” permite coñecer o seu estado e mesmo para poder predicir a súa evolución no tempo.
Publica o teu comentario agora