Escola de pacientes

Escola de pacientes
09 de Xullo, 2026 - 07:35 h. | Publicada por Radio Fene

A área sanitaria de Ferrol é pioneira en Galicia na atención a pacientes con ostomía coa creación dunha escola de pacientes. A enfermeira fenesa Laura Oreona e a súa compañeira Sabela Meizoso están implicadas na iniciativa.

ESCOITA O PODCAST:

Nace na área sanitaria de Ferrol a primeira escola de pacientes ostomizados de Galicia. Servirá de rede de apoio para o paciente e as súas familias. Na escola de pacientes, que botará andar en outubro, poderán compartir información e experiencias. Unha iniciativa que presentaron a semana pasada no Hospital Arquitecto Marcide. A área sanitaria de Ferrol conta cunha consulta para pacientes ostomizados do Complexo Hospitalario Universitario que fai seguimento actualmente a unha media de 27 pacientes á semana. Son dúas as enfermeiras que atenden aos pacientes tanto na consulta situada no Centro de Especialidades como aos que están hospitalizados. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora