ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Día da Muller Traballadora, que terá lugar o 8 de marzo, será o nexo común da particular celebración que fará a Escola Municipal de Teatro de Vilalba. O Auditorio Municipal da vila acollerá, o domingo 8 ás 20.30 horas, unha montaxe baseada nunha serie de actuacións nas que se combinarán vídeo, música e teatro arredor dunha escenografía minimalista elaborada polos pr
Sen embargo, esta acción cultural non terá comezo ese mesmo día. Ao longo da semana os propios actores da Escola protagonizarán unha serie de fotografías que, coa paisaxe urbana de Vilalba como soporte, amosarán a visión particular e individualizada de cada un sobre a muller como ente dentro da sociedade contemporánea. Esta serie de fotografías comporán un “collage” que será exposto o mesmo 8 de marzo e que formará parte do concepto completo da montaxe.
Enterro da Sardiña
A Escola tamén será partícipe do enterro da sardiña, que ocupará a tarde do mércores de antroido. O esquema básico da participación será similar á do ano pasado. Na praza da Constitución de Vilalba se escenificará un “show” televisivo que, a modo de reality, xulgará á sardiña no medio do escarnio e a crítica aos diversos sucesos que protagonizaron a vida da vila. Este ano o peso principal da representación correrá a cargo do segundo dos grupos da Escola, é dicir, dos rapaces de 10 a 15 anos, que, caracterizados como personaxes de conto, serán os xuíces, avogados, e verdugos de tan insigne personaxe.