A escola na radio, a radio na escola

A escola na radio, a radio na escola

01 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O espazo As Crónicas de Centieiras elaborado semanalmente polo alumnado de 6º de Educación Primaria do Colexio Centieiras de Perlío (Fene A Coruña) é un dos candidatos ao premio ao mellor programa de radio municipal, convocado pola Deputación de Barcelona. O xurado fará pública a súa decisión o vindeiro 19 de marzo no transcurso da Festa da Comunicación Local que se celebra en Viladecans (Barcelona).

A recomendación dun libro, a proposta dun disco e a información da actividade escolar integran todos os venres o programa da emisora municipal de Fene. De xeito rotativo, 4 rapaces van aos estudios da radio e gravan o espazo que se emite os venres ás 11,30 da mañá, sintonizandoo en todas as aulas do colexio.

Sociedade