ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Beneficios da intelixencia emocional nas crianzas. Arranca con este tema o novo ciclo “Acompañar no reto de educar”, do que nos informou a pedagoga do Concello de Fene, María Xosé Paz Rodríguez.
Pais e nais dos concellos de Fene, Neda e Mugardos preocupados pola educación dos menores poden mellorar as súas habilidades neste ciclo que volve no mes de febreiro para apoiar ás familias no seu labor educativo coas crianzas. En febreiro haberá tres sesións, a partir das 18:00 horas, na Casa da Cultura de Fene, onde se ofrecerá un espazo de conciliación. A primeira sesión tratará sobre “Beneficios da intelixencia emocional nas crianzas”. A presentación de solicitudes debe facerse mediante código QR.
Publica o teu comentario agora