Escolares de Fene entre as meninas de Canido

Escolares de Fene entre as meninas de Canido

22 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O musico e pintor ferrolán, Eduardo Hermida, pasou o día co alumnado da ESO do IES de Fene. Dentro dun proxecto multidisciplinar, escolleron a iniciativa levada a cabo no barrio de Canido por un grupo de pintores para chamar a atención sobre o abandono deste barrio. 

Eacute; músico tamén porque canta nos Fabulosos Cubatas Foking Brothers pero foi na faceta de pintor na que onte se presentou ao alumnado da ESO do IES de Fene. Eduardo Hermida pasou con eles todo o dia.

Pola mañán guiounos polo barrio de Canido para contemplar as meninas que el e outros artistas convertiron en murais para reclamar a rehabilitacion do barrio ferrolán. Á tarde visitounos no Instituto e comprometeuse a volver un día e pintar xuntos nos muros do centro escolar de Barallobre.

Segundo Eduardo Hermida os rapaces pasaronno estupendamente. Vían os murais das meninas como se de grafitis se tratara. Pasárono ben porque están cargadas de ironía e  humor.

Sociedade