As escolas-bosque antipandemia

As escolas-bosque antipandemia
11 de Marzo, 2021 - 02:23 h. | Publicada por Radio Fene

O ceip Os Casais de Maniños- Fene- tomou exemplo do norte de Europa e puxo en marcha as escolas-bosque para dar clase a escasos metros do centro ao ar libre, cando o tempo o permite. 

ESCOITA O PODCAST:

O colexio Os Casais de Maniños ten unha ou dúas grandes vantaxes sobre outros colexios, a súa ubicación entre a natureza e os grupos reducidos de alumnos e alumnas á hora de impartir clase. As dúas vantaxes fixeron que, no curso actual de pandemia, familias de Lugo, Ferrol ou Cariño decidisen escolarizar os fillos e fillas neste centro fenés. Na actualidade ten preto de 60 alumnos e alumnas. A ratio por aula no nivel infantil é de 18, menor aínda nos curso de primaria onde vai dos 10 aos 11 alumnos e alumnas por aula.

O de estar rodeados de bosque é a maior fachenda que ademais converteuse nunha vantaxe moi grande nestes tempos porque veñen de crear en Os Casais as “escolas-bosque”. Instalaron mesas e bancos nas cercanías do centro pero no exterior. Alí, rodeados de natureza, dan clases ao ar libre, sempre que o tempo o permite. “Estamos moi motivados coas aulas-bosque” afirma a directora do centro, Lorena Pita. Ata o 22 de marzo permanece aberto o prazo de preinscripción de matrícula no centro de Maniños para o curso que ven, o 2021-2022.

 

(Imaxe do proxecto "o noso bosque" levado a cabo pola Anpa do ceip Os Casais)

Cultura

Publica o teu comentario agora