As escolas culturais e deportivas de Fene botan a andar

As escolas culturais e deportivas de Fene botan a andar

31 de Agosto, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xoves 13 de setembro abre o prazo de matriculación para as escolas deportivas e culturais municipais de Fene. As inscricións realizaranse nas dependencias administrativas do Pavillón “A Xunqueira” de San Valentín

A matrícula nas Escolas de Piscina realizarase os días 13 de setembro (só residentes en Fene) e 14 de setembro (poboación en xeral) en horario de 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 h.

Para a totalidade das demais Escolas Deportivas Municipais, as datas establecidas serán o 17, 18 e 19 de setembro (só residentes en Fene) en horario de 9:00h a 13:30 h. e de 16:00 a 19:30 horas. Os días 20, 21 e 24 para a poboación en xeral el horario de 9:00 a 13:30 h.

No caso das Escolas Culturais, Cursiños TIC e Obradoiros, a inscrición formalizarase do luns 1 ao venres 5 de outubro. Os días 1, 2 e 3 de outubro poderán anotarse as persoas residentes en Fene e o 4 e 5 de outubro, a poboación en xeral. Neste caso, o horario de atención ao público será de 9:00 a 13:30 horas (todos os días sinalados) e tamén de 16:00 a 19:30 horas (o mércores 3 e o xoves 4 de outubro).

Dende a Concellería de Cultura e Deportes saliéntase a variedade de actividades organizadas no marco das Escolas Deportivas e Culturais Municipais do Concello de Fene para o curso 2012-2013.

ESCOLAS DEPORTIVAS
Entre as escolas que se impartirán na piscina municipal de Centieiras salientan as de natación para bebés, primeira infancia, iniciación e perfeccionamento infantil, perfeccionamento xuvenil, iniciación e perfeccionamento adultos e natación terceira idade. Tamén se oferta natación para embarazadas e natación terapéutica (combinada ou non con rehabilitación funcional).
 
No pavillón “A Xunqueira” haberá as escolas deportivas de iniciación ao baloncesto, pilates, ximnasia rítmica, bailes latinos, baile moderno, danza do ventre, aérobic, ioga, patinaxe, e rehabilitación funcional así como o obradoiro educación física contra a fatiga oncolóxica.

No Centro Social de Fene, haberá ioga; no CEIP de Centieiras, Educación Física de Base, Fútbol-7 (prebenxamín e benxamín) e aérobic infantil, esta última tamén se dispensará no CPI A Xunqueira. No ximnasio da Casa da Cultura, iudo e karate mentres que no Pavillón do Ramo estarán as escolas de iniciación ao baloncesto e ao balonmán.

ESCOLAS E OBRADOIROS SOCIOCULTURAIS MUNICIPAIS

En canto ás escolas culturais municipais, a oferta para o curso 2012-2013, agrúpase en:
Escolas de música: música e movemento (iniciación e formación básica); piano e solfexo e guitarra (iniciación e perfeccionamento).

Obradoiros socioculturais: “A palabra e as palabras” (obradoiro de creación literaria); obradoiro de técnicas de estudo; obradoiro de economía doméstica; obradoiro de “cociña para vag@s” e obradoiro de horticultura tradicional.

Cursiños de alfabetización dixital: fotografía dixital, retoque dixital, introdución a internet (nivel básico e avanzado) e introdución á ofimática (nivel básico e avanzado)

Para máis información, pódese chamar ao teléfono das dependencias administrativas do Departamento de Cultura, Deportes e Xuventude do Concello de Fene (981-340366) ou consultar a normativa xeral de matriculación na páxina web municipal (www.fenecidadan.net).

Asemade, próximamente poranse a  disposición de todos/as os usuarios/as os cadernos  coa información das escolas.

Deportes