Escribir para ordenar

Escribir para ordenar
28 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

A obra ‘Fraxilidades’ de Gisela Mato recibiu no ano 2022 o XXXV Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. A súa autora naceu en Xenebra no ano 1978 e estudou Psicoloxía na Universidade de Santiago de Compostela. Mato non concibe a escritura sen pensamento, tal e como explica no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión. Aquí podes escoitala.

 

ESCOITA O PODCAST:

“Non creo nunha escrita de mero entretemento. Non concibo escribir para entreter senón para pensar e para ordenar. A poesía serve para reflexionar. Deternos e pensar sobre o que nos pasa, a min cústame pensar en alto e penso a través do que escribo. É a forma de ver que esta pasando dentro é remexer. Para iso serve a poesía”, afirma a tamén autora da colección de relatos ‘Cuerpos Ajenos’. Gisela Mato obtivo, ademais, o Premio de Poesía no Certame do Centenario do IES Otero Pedrayo en 1996 e o VIII Premio de Relatos 'Rosa de Cen Follas' en 2015.



Na imaxe, Gisela Mato a Andrés C.M Riveira, Ana Varela e Henrique Sanfíz.

Fotografía: Xan Xe

 

Cultura

Publica o teu comentario agora