Escusas e lagoas mentais

Escusas e lagoas mentais
04 de Novembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Lagoas mentais. Son un dos principais síntomas para determinar que unha persoa é alcohólica. Non lembra o que fixo durante un período de tempo. Perde a conciencia e despois ten remorsos por ese motivo. Conversamos en Radio Fene con Mariel e Miguel, usuarios do Grupo 24 Horas Alcohólicos Anónimos Ferrolterra.

ESCOITA O PODCAST:

“Medo e desesperación”. Sentimentos que experimentou Mariel que lembra “verme na cociña, o meu fillo sacudíndome e o aceite queimándose”. “O alcoholismo é unha enfermidade moi cruel”, sinala Miguel. O alcohólico adoita alonxarse de amigos e familia, ten problemas no traballo. “E sempre atopa escusas para beber”.

Sociedade

Publica o teu comentario agora