A esencia do Entroido

A esencia do Entroido
25 de Febreiro, 2025 - 12:08 h. | Publicada por Radiofusión

Un programa especial sobre o Entroido soará mañá mércores na radio local. As comparsas, os estudosos e investigadores sobre a festa terán voz nun espazo que se prolongará entre as dez e as doce da mañá. O investigador Rafael Quintia indica que é unha festa participativa de toda a comunidade. A esencia do Carnaval era correr o Entroido. Rapaces e rapazas novas ían polas casas da comunidade. 

Fotografia Xan Xe

Ana Santiago e Elvira Alvarez presentarán o achegamento a unha festa que se celebra en toda Europa pero en poucos sitios coa intensidade e tradición do Carnaval galego. O programa escoitarase en Radio Estrada, Radio Foz, Radio Tui, Radio Neria (Corcubión), Radio Melide e en Radio Allariz. Tamén nas restantes radios públicas locais que funcionan en Galicia. 

 

Imaxe do Entroido de Fene. 2023.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora