A esencia do libro

A esencia do libro
18 de Agosto, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

450 citas cheas de ironía e ilustradas cos debuxos de Siro López forman parte do novo libro do xornalista Cándido Barral titulado Apuntes de un irreverente.

 

ESCOITA O PODCAST:

Fotografía: Xan Xe Corral

http://173.255.131.18/audio/190822BARRAL.mp3

 

Fotografía: Xan Xe Corral

Para o autor, as ilustracións de Siro López son “a esencia do libro” porque “dende o principio soñaba con que Siro me ilustrara o libro. A miña sorpresa foi cando llo comentei porque crin que pola natureza do libro que é anticlerical me ía poñer algún tipo de inconveniente e foi todo o contrario”. A pegada radiofónica de Cándido Barral está presente nesta obra de aforismos, greguerías e outras golferías. “Fixen un pouco de ‘augardenteiro’. Isto foi caendo pinga a pinga igual que se destila o augardente de herbas. Sen ter nada planificado, fun recollendo cousas que se me ocorrían. Por exemplo, fanme moita gracia os descontos que fai tráfico nas sancións e por iso o introduzo. Os artigos son absolutamente dispares uns de outros. Só teñen en común a miña óptica de facer radio que apliquei en todo este traballo", explica o escritor de Apuntes de un irreverente no clube de lectura de Radiofusión.

Cultura

Publica o teu comentario agora