ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación etnográfica e da natureza AETNA recrea este sabado 6 de decembro a esfollada do millo, un labor agrícola que antano reunía aos veciños-as contribuíndo nas relacións sociais da aldea. Nese labor a xente cantaba e comía. Aetna recrea a esfollada no muiño do Pombal en Maniños- Fene- e o acompaña de degustación de bolas na tixola, liscos e papas de millo. As cantareiras Xirifeiras da banda Airiños de Fene
Teatro en Agarimo- Sillobre
Este sabado día 6 tamén chega a última representación no II Certame de Teatro de outono, da sociedade Agarimo de Sillobre. A Agrupación teatral Mariñán, de Betanzos, traen “Martini seco” unha peza de Allan Stewart Konigsberg, que non é outro que o cineasta Woody Allen. Abordase un tema que lle gusta especialmente, o adulterio. A representación de "Martini seco" empezará o sabado ás 20h.