Esmelle recibe o verán con festas patronais e a súa carreira popular

Esmelle recibe o verán con festas patronais e a súa carreira popular

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As orquestras Versalles e Océano arrufarán as festas do San Xoán na parroquia ferrolana de Esmelle. Os festexos celebraranse o martes e o mércores da vindeira semana e incluirán, o primeiro día, unha grande lumeirada a partir da media noite. A AAVV de Esmelle organiza as festas patronais, ademais dunha nova edición da carreira popular que se celebrará este domingo.

Catorce anos cumpre a Carreira Popular Val de Esmelle, unha proba dirixida a persoas de tódalas idades, segundo explicou esta mañá en Radiofusión o presidente da entidade veciñal, Miguel Parra.

Oito son as categorías establecidas no regulamento da carreira en función da idade, dende os máis pequenos (de 0 a 4 anos) aos adultos (maiores de 35). As distintas probas comezarán o domingo ás dez da mañá e o punto de partida será o local social da AAVV. Aínda que as distancias a percorrer varían en función das categorías, os maiores de 16 anos deberán facer o percorrido completo de 7000 metros.

Tódolos participantes nesta XIV Carreira Popular Val de Esmelle recibirán unha medalla conmemorativa. A maiores, conseguirán trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría.

Para participar, cómpre inscribirse o mesmo día da carreira en liña de saída e antes do comezo de cada proba.

Sociedade