ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A asemblea do PSOE de Fene decidirá esta tarde o sentido do seu voto mañá sábado no pleno de constitución da Corporación local. O BNG trasladoulle onte á noite a súa oferta de configurar un goberno de coalición. Os socialistas tamén trasladaron ao BNG a súa proposta que incluiría a alcaldía para o PSOE, unha tenencia de alcaldía con autornomía financieira para o BNG e 5 concellerías nacionalistas e 3 socialistas.

A proposta nacionalista inclue un reparto ao cincuenta por cento das áreas de goberno. Na xunta local de goberno terían representación dous concelleiros do BNG, dous do PSOE e un de Esquerda Unida. O Bloque tamén ofrece aos socialistas presidir a comisión especial de remunicipalización. É unha oferta aberta a modificacións dacordo coas suxerencias dos socialistas, segundo Juventino Trigo.
A Corporación de Fene conta con 6 concelleiros do PP, 6 do BNG, 4 do PSOE e 1 de EU. Para sair elixido alcalde debe reunirse un mínimo de 9 votos. Se ningún candidato os logra, quedará proclamado o cabeza de lista da candidatura máis votada.
Publica o teu comentario agora